<$BlogRSDUrl$>
|| TellaBlog de Isra! ||





Título: Dime ! !
Posteado por: Isra, poeta!
Data:
sexta-feira, setembro 17, 2004
Como arrincar esperanza de onde non a hai...
Como facerlle fronte ós problemas que nos ameazan...
Se en realidade existe un Deus que me explique
porque hai tanta dor
por qué eu non sei...
Por qué os homes se matan entre si, dime...
Por qué a xustiza morre ós pes do capital...
Por qué o perigo da vida é vivila...
Por qué o bonito é efímero, como o teu sorriso...
Por qué a paz á que nos condeaches nos da a espalda...
Por qué a liberdade que buscamos escapa...

 

| Isra! | Movida LeVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: Nostalxia ! !
Posteado por: Isra,<br>en memoria dos que se van e de seguro volveran!
Data:
domingo, setembro 12, 2004
Como pasa o tempo... daste conta cando te ves no espello unha enruga máis na túa cara... uns que se veñen, outros que se van... e pesa, pesa no corazón cando alguén marcha, porque sabes que é irremprazabel, e máis se é un amigo...
Parecía onte cando me copiaba nos exames de inglés, cando faciamos de celestinos o un do outro, cando escoitaba as súas historias interminábeis que,,, como lembrarme do principio cando remataba? Nostalxia, nostalxia daqueles momentos que sei que non volverán e se volven, será dentro de moito tempo...
Porque o tempo non pasa en balde... facémonos maiores, maduramos - uns máis ca outros e outros aínda non maduraron :P - e facemos a nosa vida como queremos, cando moitas veces iso mesmo significa renunciar a moitas cousas. Non ver á familia, non ver a esos amigos da infancia cos que levas tantos anos e tantas cousas por contar... escribir mil livros e non parar ata chorar...
Lémbrome das tardes de parvulario, lémbrome das excursións, lémbrome das yinkanas, lémbrome desos venres dando voltas pola rúa barcelona sen cansarnos, lémbrome de tantas confesións, de tantos segredos, de tantas despedidas, tantas amargas despedidas... e aquí seguimos, sendo os mesmos sen cambiar, quedando coma sempre e votando en falta aqueles que xa non están...
Podería contar mil historias de cando eramos nenos, como cando Óscar me dixo que Va! quería ir comigo na excursión con sete anos - ahí se forxou unha amizade ;) -, de cando ía xogar a súa casa á PlayStation 1, que era a envexa de todos - canto pasou xa -, de cando xogabamos xuntos nas yinkanas do colexio - o árbitro estaba comprado! :P -, de cando faciamos Iriña e máis eu de Peter Pan e Campanilla cos mandilóns de Plástica, de cando subía con Moe para casa, con Caño, con Diego, con Va!, con Iván... de cando Itziar en segundo da E.S.O. e sen coñecela de nada me pegou un cobadazo e non pediu perdón - maleducada! :P - e mirádenos agora, amigos inseparábeis... das interminábeis partidas coa Nintendo en casa de Cañás, os primeiros porros con Jose, as malas impresións que se levou Nati de min o primeiro día de coñecerme pero, Nati, xa che teño dito que non te fies das primeiras impresións :P... do día que coñecimos a Leti, á princesiña, dos primeiros tokes co pive, das partidas ó Medal of Honor con Borjita - temos que acabar o xogo eh :P -, das batallitas de Penas... Somos tantos e tantas cousas que contar...
E aquí estamos, cambiando co paso do tempo pero sendo os mesmos no fondo, pero agora xa non estará un con nós, alguén que vai facer realidade os seus sonos lonxe de aquí... Penas, ensínalles ós madrileños a rabia galega, e nunca te esquezas nós ;)

P.D.: Este post é para a pandilla en concreto, pois eles entenderán mellor ca ninguén o que estou a dicir ;)

 

| Isra! | Movida LeVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: E se... Va! aprobase bacharelato á primeira. ! !
Posteado por: Isra . (Desbarrando que non vexas).!
Data:
sábado, setembro 04, 2004
Ao aprobar á primeira a súa média sería espectacular, o que lle permitiría entrar en calquera carreira. Faría enxeñería industrial en Ferrol, algo que nunca lle chamou a atención pero co que sabía que gañaría moito diñeiro. E gañou, acabou a carreira e pronto atopou un traballo que lle permitía facer nada e cobrar moito por iso. Tódolos seus sonos fixéronse realidade, casou coa súa princesiña e mercaron unha casa na serra, tiveron centos de fillos e un can chamado Caño. Pero é o que ten o diñeiro, converteuse nunha persoa orgullosa e fixo algo que pensaba que nunca ía facer: miraba por enriba do ombro a todos aqueles que lle rodeaban, facéndose máis solitario cada día e volvéndose agresivo cando non conseguía o que quería. Inaugurou unha casa de Playboy e rodeouse das rapazas máis fermosas, que paseaban en coiros todo o día polo xardín, algo que non lle agradaba a súa princesiña. Divorciáronse e Va! quedouse con tódalas súas rapazas Playmates que só estaban con el polos seus cartos, aínda que el pensaba que estaban con el por amor. Fai campañas anti-droga na televisión, ía de festa en festa co seu amigo Maradona e non sabía o que era durmir polas noites. Entra nun reality-show con tódolos magnates do país e sae o primeiro, no mesmo momento en que a súa empresa quebra e o seu império se desmorona. Nese instante reacciona e volve a ser o Va! de sempre, pero xa todos lle deran a espalda, as súas playmates renegaban del, Maradona atopara outro magnate para as festas - Iván - e a súa princesiña atopara outro home con quen casar. Os seus amigos vivían en paraísos fiscais grácias ós cartos que lograran roubarlle a Va!, pero o único que se mantivo fiel foi... Moe. Grácias a ZP, os homosexuais lograron o dereito a casar, e Va! coñeceu a un home na cola do paro, co que deu o "Sí quero" e o único que foi á voda foi Moe, cheo de celos pois el vira primeiro ó marido de Va!. Acabou morrendo en soidade, e ninguén máis se lembraría del...

 

| Isra! | Movida LeVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: ...Enconados... ! !
Posteado por: Isra (Bastante Enconado)!
Data:
quarta-feira, setembro 01, 2004
Síntome adurmiñado, anestesiado.
É o que ten ver á princesa dos teus sonos diante de ti despois de tanto tempo... unha aperta, si, para qué quero máis? por qué quero máis? Ata notei que se puxo vermella coma un tomate, o mesmo que me pasou a min... que nervos, ais ais, que nervos, que nervos...
De qué falabamos? non me preguntedes, non atendía, asentía "si si claro"... aposto a que me rouban a carteira e non me entero, éche o que ten o amor, que é cego, ou iso din, mais non me importa ser cego se vexo cousas coma ela...
Acabo de espertar dun sono, ou iso creo...
"Estou enconado, nin como nin cajo, nin probo bocado... canto che quero eu"
Acabo de espertar dun sono, ou iso creo...

 

| Isra! | Movida LeVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: Polos Opostos ! !
Posteado por: Isra (tan profundo que case non se ve)!
Data:
sexta-feira, agosto 27, 2004
Ás veces non sei para qué vale tanto esforzo...
Porque si, porque na vida hai que esforzarse, e se algo queres algo che custa...
Pero para qué? para que chegue alguén e mande á merda todo o teu traballo, para que non valore o q estás facendo...
Así pensan os que nunca gañan nada, hai que mirar adiante sen mirar atrás, sen ver quen ven detrás... centrarse no dun mesmo e loitar por esa meta...
Pero ti de qué falas? se formas parte dunha mesma persoa... como non mirar atrás se che están pisando os talóns? se caes cada dous por tres porque non xoga limpo...
Pois se non xoga limpo xoga ti, limpo... non te convirtas nun como ese que che pisa os talóns... loita por ela, pois dos bos e honrados será o mundo dos ceos e...
Non me veñas con dogmas nin lerias metafísicas... ahí tes a toalla, o único que tes que facer é tirala e fóra preocupacións, non cres? as cousas son máis sinxelas do que pensas, o que pasa é que non fas máis que complicarte a vida...
Dos covardes nunca se escribiu nada, queres que non se escriba nada de ti?
Para qué queres que se escriba de ti se total nunca o vas ler? é máis, ninguén o vai ler, ninguén le, quen le? les ti? eu non, e ti?
Tes que correr, escápaseche, estáseche escapando a cada minuto que pasa... cando te des conta será xa demasiado tarde...
Xa se che escapou fai tempo, se corres cansaraste, e ese cansazo será en balde, porque nunca a darás alcanzado por moito que corras...

Por cortesía de: Anxo de Isra & Demo de Isra (quen é quen?)

 

| Isra! | Movida LeVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: Ángel de los mortales ! !
Posteado por: Israelote!
Data:
domingo, agosto 22, 2004
Se dice que cuando Landra nació, se paró el tiempo y las nubes dejaron de llorar...
Y realmente era bella, como un capullo en flor en primavera, y fue conocida como "Ángel de los mortales", que bajó de los cielos para alegrar la vida a aquellos condenados a morir...
Se cuenta que cuando Landra nació, a Xoel se le paró el corazón, pero volvió a latirle cuando la vió, cuál estrella en noches oscuras, con su camisón blanco y raído, desgastado y a la vez vírgen... Y ella también lo vió y sintió algo que nunca había sentido, que le nacía del corazón y la comía por dentro, algo que en la Tierra llamaban amor, amor de Landra por Xoel y amor de Xoel por Landra...
Se escucha que cuando Landra se tenía que casar se negó, pues su padre la había prometido con un apuesto Príncipe de Palacio, tan hermoso él como las noches estrelladas, tan apuesto él como los héroes de los cuentos... Pero su corazón no le pertenecía al Príncipe sino que tenía dueño y su nombre grabado, con letras de oro y amor que nadie nunca podría borrar, ni otro hombre ni otra vida... ni otro Príncipe de Castillos y Palacios...
Se comenta que cuando Landra se negó, el apuesto la secuestró en su torreón, se la llevó de la mano agarrada y dormida la encerró, allí de donde jamás podría escapar, pero el Príncipe se equivocó...
Se dice que cuando Xoel se enteró, galopó a lomos de su caballo y él sólo se enfrentó, a las adversidades que se le presentaban en el corazón. Y luchó, y derramó sangre y lágrimas y creyó morir pero erró, y cortó cabezas cuál loco por su amor, que se asomaba en su alcoba y lloraba, pensando cuándo llegaría aquel al que amaba, para salvarla y contaba, las horas que nunca pasaban...
Pero el día llegó, y Xoel sólo se encontró en el torreón, rodeado de llantos y desolación gritando por su amada que a solas se quedó, tumbada en la cama como muerta o matada por el Príncipe y Xoel, lleno de furia y de dolor, maldecía aquel día en que la dejara escapar, deseando que ella, fuera la secuestrada y él, el secuestrador...
Y se dice que la rabia hizo presa de él y se levantó, empuñando su espada hacia el Príncipe se la clavó, pero se dió cuenta que su muerte nunca se la devolvería - "nunca será mía" -, aunque pasaran muchos años, muchos meses y pocos días...
Pero Landra se levantó, pues estaba dormida donde soñó, que se levantaría al lado de Xoel y lo querría y que jamás se separarían y así fue, aunque vivieron separados, sólos y desamparados, pues su padre a el no lo quería, que lo había desterrado de por vida...
Y llegó la hora de morir y se encontraron, allá en el cielo donde nadie los encontraría, allá donde su amor nunca perecería y vivieron su amor en los cielos hasta el fin de los días...

FIN

 

| Isra! | Movida LeVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -


Título: Benvido ó TellaBlog de Isra ! !
Posteado por: Tella Ceibe !
Data:
sábado, julho 24, 2004
Este é o espacio reservado ao noso colaborador Isra.
Dende aquí poderedes ler todos os escritos que escriba o xefe de TellaCeibe. Do mesmo xeito tendes permiso para vos queixar desde os comentários porque non traballen o suficiente ou tarden moito en o facer .
Este espazo está creado para que resulte máis cómodo seguir todos os escritos dos nosos colaboradores, así pois, preferibelmente comenta os escritos desde o Blog de TellaCeibe para que podamos desfrutar de o maior número de opinións na páxina principal.

Moitas grazas, e desfrutade. ;)

 

| Isra! | Movida LeVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -